Aproveitar posibilidades da nosa tradición para activar a memoria de persoas con demencias como Alzhéimer. Este é o obxectivo da publicación Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva que desenvolveu o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo en colaboración coa Asociación Galega para Axuda de Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA). O proxecto, que se presentou o pasado 20 de setembro a coincidir co DÃa Internacional do Alzhéimer propón actividades a partir de baile tradicional, canto, tradición oral e festas e celebracións para estimular diferentes funcións. O traballo, que inclúe diferentes elementos multimedia, está dispoñible na rede para libre descarga.