A Biblioteca Ánxel Casal, en Santiago de Compostela, acollía na mañá deste 24 de marzo a presentación da I edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer. O novo certame nace da man de AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Azlhéimer) e pretende "facer reflexionar sobre a invisibilización e a estigmación deste colectivo, a importancia da figura do coidador/a, a necesidade de xerar de afecto e empatía da sociedade co colectivo, a importancia da relación nenos e maiores e a necesaria implicación de todos os elementos da sociedade, o apoio e a necesidade da investigación científica" ademais de "fomentar creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos".
O novo galardón, de carácter anual aceptará propostas de novela, poesía, álbum ilustrado ou novela gráfica que traten cuestións relacionadas "co alzhéimer, coa memoria e os recordos, coa sensibilización das demencias, coas persoas maiores, coas actividades interxeracionais, coas persoas coidadadoras ou demais temáticas darredor destas doenzas". Dotado cun premio de 3.000 euros en metálico, o prazo de presentación de propostas está aberto ata o vindeiro 15 de agosto e está previsto que o fallo da primeira edición se coñeza no mes de setembro.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, canda ás concellerías de Servizos Sociais e Educación dos concellos de Santiago de Compostela, A Estrada, Ribeira, Vedra e Trazo participan desta iniciativa. O premio toma o seu nome da novela Chamádeme Simbad de Francisco Castro, que trata precisamente desta doenza dexenerativa. O autor foi escolleito como primeiro "socio de Honra para Simbad para o Recordo" precisamente polo seu traballo "nesta obra referencial e pioneira" segundo destaca AGADEA.