Magín Blanco presenta o seu novo espectáculo infantil O camiño dos paxaros

A produción conta coa interpretación de Marian Bañobre e a dirección artística de Santiago Cortegoso

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Magín Blanco presenta o seu novo espectáculo infantil O camiño dos paxaros

O músico ourensán Magín Blanco, que desde hai uns anos está ter un enorme éxito cos seus espectáculos e composición dirixidos ao público infantil como A nena e o grilo, estrea o vindeiro venres 20 de outubro o seu novo espectáculo músico-teatral, O camiño dos paxaros. Para esta nova obra producida por Blanco, o músico conta coa colaboración de dous dos profesionais do teatro máis recoñecidos do país vencellados á compañía Ibuprofeno teatro: a actriz Marián Bañobre e o director Santiago Cortegoso. Bañobre, premio María Casares á mellor actriz en 2013 compartirá o escenario con Magín Blanco e ambos estarán dirixidos por Cortegoso, habitualcandidato como director nos premios Maria casares e nos Max e galardoado dramaturgo. Dirixido a nenas e nenos de 5 anos en diante e ás súas familias, O camiño dos paxaros é unha historia de superación persoal, contada a través da música e da interpretación, baseada na evolución dun personaxe que debe afrontar a dureza da vida, e loitar para coñecer os seus sentimentos e descubrir cal é o camiño que debe seguir para conseguir a felicidade. A estrea será na Casa de Cultura de Boiro ás 20h00.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Magín Blanco, Espectáculo, Santiago Cortegoso, Teatro...