
O volume, que vai acompañado dun CD recompilatorio "recolle o relato da existencia de MagÃn Blanco en pequenos refachos e o do seu periplo musical con todo detalle. Axúdanos o autor a comprender un pouco mellor as condicións nas que MagÃn crea e converte en marabillas poéticas de gran calado emocional as súas composicións a partir da materia prima que o rodea", segundo explica a editora. O lanzamento continúa a tendencia recente de obras sobre o panorama musical do paÃs, como a biografÃa de Guadi Galego ou o monumental Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 de Fernando Fernández Rego.