Xela quixo ser ela é o tÃtulo da biografÃa orientada para público a partir de 11 anos que acaba de publicar Edicións Xerais. Yolanda Castaño asina este lanzamento que atende de xeito particular aos primeiros anos da homenaxeada no DÃa das Letras Galegas. Segundo adianta a editora, "xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuÃzos, desoÃr expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man". Deste esta perspectiva "a biografÃa de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma. Unha muller que deixou a súa pegada na renovación de tres campos: a poesÃa, a tradución e a edición de libros na nosa lingua; dende a independencia, a sensibilidade e a perspectiva de xénero". A obra de 128 páxinas está á venda por 12,5 euros.