O Auditorio Municipal de Vigo acolle o venres 2 e o sábado 3 de marzo, ás 21,00 h., a estrea de Casa OÂ’Rei, a peza coa que Ibuprofeno Teatro pecha a “triloxÃa gastronómica” da que tamén forman parte as anteriores montaxes O furancho e Raclette. En Casa OÂ’Rei, Santiago Cortegoso como autor e director da obra propón un xogo escénico e dramatúrxico que parte do Rei Lear de William Shakespeare, ambientando nunha tÃpica casa de comidas galega o drama sucesorio daquel clásico. O elenco de intérpretes está conformado por Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté GarcÃa, VÃctor Mosqueira e Xosé M. Esperante.
A reflexión sobre a unidade familiar como desenvolvedora do individuo guÃa a acción, enmarcada no opresivo ambiente da cociña como único escenario. Segundo avanzan da sinopse da obra, Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne á familia. A comida é unha escusa para repartir a Casa entre ás súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable pola amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxeada e sazonada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes idóneos para elaborar as receitas da súa vida. O espectáculo contn cunha banda sonora de Alonso Caxade e escenografÃa de Pablo Giráldez "Pastor".