Ibuprofeno teatro estrea Raclette

O texto de Santiago Cortegoso recibira o premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Ibuprofeno teatro estrea Raclette

Unha cea entre amigos é o escenario no que transcorre Raclette, a nova obra de Ibuprofeno Teatro. A produción, que se estrea este 22 de xaneiro no Teatro Rosalía Castro da Coruña adapta o texto homónimo de Santiago Cortegoso que foi recoñecido co premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais. Segundo explica a compañía, "esta raclette urbana contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia". Na obra os actores cociñas e comen alimentos reais e o público sitúase arredor do escenario, a procurar unha maior conexión co espectáculo.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ibuprofeno Teatro, Santiago Cortegoso, Álvaro Cunqueiro...