Unha versión de Raclette, de Santiago Cortegoso, chega ao Festival de Avignon

A ópera O arame de Juan Durán poderá verse en Nova York

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Unha versión de Raclette, de Santiago Cortegoso, chega ao Festival de Avignon

As propostas escénicas realizadas no país están a conquistar novos espazos fóra das nosas fronteiras. Por unha banda, o prestixioso festival de Avignon contará no programa da súa vindeira edición cunha obra con selo galego. A Compagnie du Velours presentará, no marco do Off Avignon unha versión de Raclette, obra do moañés Santiago Cortegoso traducida e dirixida por Silvia Rodríguez Abal, segundo informa Erregueté. A montaxe fora galardoada co premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais ademais de obter o galardón ao mellor texto orixinal nos María Casares. A obra xirou no noso país da man de Ibuprofeno teatro. As representacións na cidade francesa desenvolveranse entre o 17 e o 28 de xullo.

Pola súa banda, a New York City Opera acaba de anunciar que para a súa vindeira temporada levará a escena a ópera galega O arame. O vindeiro mes de novembro a obra que conta con música de Xoán Durán e texto de Manuel Lourenzo poderá verse nun programa duplo compartido con O amor bruxo de Falla. A Asociación de Amigos da Ópera da Coruña, produtora deste traballo estreado en 2008, desenvolveu tamén as xestións para facilitar a representación do mesmo en Nova York.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago Cortegoso, Ópera, Juan Durán, Nova York...