O Teatro Colón estreará a ópera galega “Camiñar polo arame cunha lata de cervexa”

A obra é unha produción da Asociación de amigos da ópera

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Coruña conta cunha gran tradición operística. Desde hai varias décadas existe unha asociación que organiza un festival de ópera, hai outro a maiores dedicado a Mozart e, ademais, nesta cidade estrearase en breve unha ópera contemporánea. Leva por título Camiñar polo arame cunha lata de cervexa e Juan Durán é o compositor e Manuel Lourenzo o dramaturgo. A ópera galega, que se estreará o vindeiro 13 de setembro (ás 21:00 horas), contará coa participación do Grupo Instrumental Século XXI, o barítono Javier Franco e a sorprano Carme Durán e a escenografía é de Rodrigo Roel.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Teatro, Teatro Colón, Asociación de Amigos da Ópera...