Ibuprofeno Teatro premiada na Feria de Teatro de Castilla y León por Raclette

A estrea da obra en castelán recibiu o premio do público ao mellor espectáculo de sala

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:
cartel da obra

cartel da obra

A obra Raclette da compañía teatral Ibuprofeno teatro, formada por Mariám Bañobre e Santiago Cortegoso, ven de acadar o premio do público como mellor espectáculo de sala na 19 edición da Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo. A asociación “Amigos del Teatro de Ciudad Rodrigo” fixo público o resultado das votacións dos espectadores recoñecendo á obra. A compañía estreou a versión en castelán da obra escrita por Santiago Cortegoso e coa que acadou en 2014 o Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais. Unha cea entre amigos é o escenario no que transcorre Raclette. Na obra os actores cociñan e comen alimentos reais e o público sitúase arredor do escenario, a procurar unha maior conexión co espectáculo. A estrea da versión orixinal en galego tivo lugar o pasado 22 de xaneiro no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Ibuprofeno Teatro, León...