O espectáculo 'As que limpan' da compañÃa A PanadarÃa en coprodución co Centro Dramático Nacional ven de acadar simultaneamente dous recoñecementos, dentro e fóra de Galicia polas súas representacións en dous certames. AsÃ, o público da XLIV edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño elixiu a versión en galego desta montaxe como unha das dúas mellores do programa deste ano, un premio que a compañÃa compartirán con outra montaxe que pasou pola localidade: 'A nova historia da cigarra a e a formiga', produción de Teatro del Andamio. Pero ademais deste premio as integrantes de A PanadarÃa suman hoxe outro triunfo acadado fóra de Galicia, xa que público da XXV Feria de Teatro de Castilla y León- Ciudad Rodrigo tamén se decantou por esta montaxe, na súa versión en castelán, para darlle o premio ao Mellor espectáculo de Sala do programa deste ano.
O espectáculo premiado de A PanadarÃa é unha produción levada a cabo co Centro Dramático Nacional en que foi estreada en Galicia o pasado mes de febreiro. Co subtÃtulo 'A loita das camareiras de piso galegas', a montaxe, escrita, dirixida e interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, aborda a situación destas traballadoras e as súas reivindicacións. Segundo explica a presentación da obra, "As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes". A compañÃa faise na produción preguntas como "É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sustentable? Quen limpa a casa da limpadora?" e destaca que a obra "non só fala de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada dÃa".