A obra Raclette da compañía Ibuprofeno Teatro aspira catro galardóns na 20ª edición dos Premios Max de Artes escénicas que organiza a Fundación SGAE. A lista definitiva de candidatos ven de ser presentada hoxe e a escena teatral galega está representada con seis candidaturas en cinco das 23 categorías. A obra Raclette opta a catro estatuíñas: Mellor Espectáculo de Teatro, Mellor actriz de Reparto para Iria Sobrado, Mellor Dirección de Escena e Mellor Autoría Teatral, estas dúas para Santiago Cortegoso. Na categoría de actriz de reparto tamén é finalista Rebeca Montero pola súa participación no Tartufo do Centro Dramático Galego. A obra Perplexo de iLMaquinario Teatro opta ao premio a Mellor espectáculo revelación. Desde o ano 2009, no que houbo cinco finalistas galegos, non se recorda tanta presenza da nosa escena nestes galardóns.
Como se puido saber esta mesma semana, tamén dentro das listas de finalistas dos Premios do teatro galego, os María Casares, Raclette opta a 5 galardóns. A obra, cuxo texto escrito por Santiago Cortegoso recibiu xa o premio Álvaro Cunqueiro, acadou tamén este ano o premio do público como mellor espectáculo de sala na 19 edición da Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo pola súa versión en castelán. A obra segue en cartel e a súa vindeira cita da xira será o vindeiro día 10 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro, en Ames.