Dúas compañÃas, Ibuprofeno Teatro con Casa O´Rei e Matarile Teatro con Circo de pulgas concentran as candidaturas galegas aos premios MAX. O comité organizador dos galardóns escénicos estatais, que convoca a Fundación SGAE, fixo pública a listaxe das obras e profesionais con opcións a se impor nalgunha das 19 candidaturas desta 22 edición. A montaxe de Ibuprofeno Teatro opta ao galardón a mellor espectáculo de teatro, mentres Santiago Cortegoso pode se facer co premio á Mellor adaptación ou versión de obra teatral e á Mellor dirección de escena por esta obra, baseada en O rei Lear de Shakespeare. Pablo Giráldez "Pastor", pola súa banda, está nomeado pola mesma montaxe na categorÃa de Mellor deseño de espazo escénico, mentres Miguel Borinas opta ao galardón a Actor protagonista.
Pola banda de Matarile Teatro, Circo de pulgas opta tamén ao premio ao mellor espectáculo de teatro, mentres Ana Vallés é candidata ao premio á Mellor autorÃa teatral e Mellor dirección de escena. Baltasar Patiño, pola súa banda, acumula opcións nos premios a Mellor deseño de espazo escénico e Mellor deseño de iluminación.
As candidaturas que obtiveron as compañÃas galegas foron seleccionadas entre os 358 espectáculos que se presentaron aos galardóns. Destes, obtiveron candidaturas un total de 119, que reparten 213 candidaturas individuales e 73 de espectáculos.