Os premios estatais das artes escénicas na súa XXIVª edición veñen de facer pública a lista de candidaturas admitidas para as 20 categorÃas que contemplan. De entre os 438 espectáculos aceptados a concurso, só 191 veñen de ser seleccionados polos tres xurados territoriais (Madrid, Cataluña e Comunidades) designados polo Comité Organizador. Seis destes 191 son espectáculos galegos e entre todos eles suman ata 17 candidaturas nesta fase dos Premios Max de las Artes Escénicas. A compañÃa Nova Galega de Danza, co seu espectáculo Leira é a máis presente e opta a sete dos premios, incluÃndo o de Mellor espectáculo de Danza, mellor coreografÃa, mellor labor de produción, mellor intérprete feminina de danza para Inés Vieites e o masculino para Iván Villar o deseño do espazo escénico e a música (Sergio Moure de Oteyza) tamén están entre as candidaturas da montaxe. Como espectáculo teatral, Fariña, de Ainé Producións, é a montaxe galega máis destacada con cinco candidaturas nos galardóns convocados pola SGAE. A obra baseada no libro de Nacho Carretero competirá como Mellor Espectáculo de Teatro, mellor adaptación ( a cargo de José LuÃs Prieto e o propio Nacho Carretero), Mellor labor de produción; o director da montaxe, Tito Asorey é tamén candidato polo seu traballo e a actriz MarÃa Vázquez é candidata tamén á interpretación feminina.
A presenza galega nesta fase dos galardóns a completan as candidaturas de outras catro montaxes ou aqueles que nelas participan. Bernarda (Vilalba, 1975), da compañÃa Malasombra, ten unha candidatura a Mellor espectáculo de teatro. A autorÃa colectiva da montaxe DAIMON y la jodida lógica de Matarile teatro compartida entre outros por Ana Vallés, Baltasar Patiño, Ignacio Sanz Santas e Nuria Sotelo opta tamén ao galardón nesa categorÃa de autorÃa teatral e a directora Ana Vallés tamén na de dirección de escena. Como nomes propios da escena galega tamén hai que celebrar a candidatura de Avelino González como Mellor actor polo seu papel en O mel non caduca, de Ibuprofeno teatro. O deseño escénico da montaxe de Butacazero 32m2 consegue meter a Beatriz de Vega na lista de candidaturas. Ademais deles hai que engadir a repaso da presenza galega nas candidaturas á escritora de orixe galega Arantza Portabales (San Sebastián, 1973), que parece nas candidaturas a Mellor autorÃa teatral pola montaxe vasca Deje su mensaje después de la señal / Utzi zure mezua seinalearen ondoren, un texto traducido pola autora ao galego e editado por Galaxia en 2017. Tras desta primeira fase de selección, un tribunal formado polos tres presidentes dos xurados territoriais, catro personalidades das Artes Escénicas e un membro do Comité Organizador, decidirá os finalistas das 20 categorÃas. O gañadores coñeceranse na gala de entrega dos Premios Max o 4 de outubro no Teatro Arriaga de Bilbao.