O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de revogar a sentenza que condenou ao Concello de Vigo a pagarlle á promotora Sweet Nocturna 1.563.000 euros -máis IVE e intereses- polo concerto que Guns N' Roses ofreceu no estadio municipal de BalaÃdos en xuño de 2023. Desta forma, acolle o recurso de apelación interposto polo Concello contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Vigo. A Sala conclúe que o acordo que inadmitiu como licitadora á promotora no expediente de interese "foi motivado (non arbitrario) e axustado aos pregos, consentidos pola empresa ao presentar a súa oferta". A iso, engade que a tramitación "non pasou da apertura do sobre A, e a Mesa de Contratación, no exercicio das súas facultades de comprobación, concluÃu que a única ofertante non demostrara capacidade para licitar por non cumprir coas esixencias do prego". A decisión do TSXG non é firme, pois cabe interpoñer recurso de casación ante o Tribunal Supremo co cal aÃnda pode haber máis capÃtulos desta lea entre a promotora e o Concello se as empresas consideran convinte continuar co pleito.
Os maxistrados da sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG declaran conforme a dereito o acordo que declarou deserto o procedemento de licitación. Na sentenza, explican que a decisión é "correcta", pois se Sweet participaba como única ofertante, "resultando inadmitida e debidamente excluÃda”, aseguran que "a única declaración posible que lle quedaba á Administración era a declaración de deserto do expediente". Na resolución, os xuÃces advirten de que "se a empresa estaba en desacordo ou sufrÃa dúbidas respecto da correcta descrición do obxecto e natureza do contrato licitado, respecto da correcta descrición das súas prestacións, con respecto ao procedemento elixido para a tramitación do expediente polo procedemento negociado aberto (con participación da Mesa de Contratación) ou coas esixencias descritas neses pregos á hora de demostrar a súa capacidade para licitar, dispoñÃa de dúas oportunidades: a de consulta/aclaración ou a de impugnar eses pregos formulando recurso fronte a eles".
Con todo, salientan que non fixo uso de ningunha delas, polo que "deixou que os pregos da contratación gañasen firmeza". O TSXG afirma que, "aÃnda asumindo que o Concello puidese merecer todos os reproches á súa actuación que contén a sentenza, e incluso a evidente descoordinación entre os seus diversos departamentos antes e durante a tramitación do expediente de contratación", a asunción, "sen obxeccións nin reservas, do contido dos pregos da contratación por parte de Sweet ao presentar a súa oferta unha vez iniciada a tramitación do expediente sobre licitación, impide alcanzar a solución da sentenza de instancia".
Os tratos previos non vinculan a contratación da Administración
No fallo, a Sala destaca que "os tratos previos á contratación non vinculan á Administración en materia de contratación pública”, asà como que a licitadora "non pode invocar a vulneración por parte do Concello dos principios de boa fe, seguridade xurÃdica ou da súa confianza lexÃtima". O tribunal subliña que, quen invoca tal aplicación, "debe partir dunha boa fe propia deducible do seu comportamento", algo que asegura non se lle pode recoñecer á recorrente neste caso porque "voluntariamente aceptou participar no expediente de licitación, sen condicións nin reservas na súa aceptación dos pregos". No fallo, tamén declara conforme a Dereito o segundo dos acordos recorridos, de agosto de 2023, onde o Concello lle negou á empresa o pago pretendido (total do prezo do contrato licitado segundo os pregos) ante a "inexistencia de tal contrato".