O TSXG obriga a modificar o BIC do Colexio dos Escolapios de Monforte

O alto tribunal considera que a protección da praza anexa con esta figura non está xustificada

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Mapa coa declaración BIC dos Escolapios a incluir a praza, en vermello. Fonte: DOG

Mapa coa declaración BIC dos Escolapios a incluir a praza, en vermello. Fonte: DOG

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera que a declaración do Colexio dos Escolapios de Monforte, tamén coñecido como Nosa Señora da Antiga, como Ben de Interese Cultural non se realizou axeitadamente. A atender un recurso presentado polo concello do Cabe, a sala sinala que non cabe a inclusión da praza adxacente ao monumento, que a Xunta incluíu na orde de declaración, por non estar ben xustificada.

Segundo denunciara o Concello, a incorporación deste espazo realizouse con posterioridade á publicación da proposta inicial, sen contar con informes específicos sobre o seu valor patrimonial.

Ademais, na orde final non se modificou a categoría de "monumento" na que se inscribiron estes bens, que debería ter sido mudada á de "conxunto monumental". Contra a resolución do TSXG cabe aínda a opción de presentar recurso.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TSXG, Ben de Interese Cultural

Claves

Entidades