O Supremo desestima o recurso da RAG ao Decreto do Plurilingüismo

Mantense así a resolución do Tribunal Superior de Xustiza sobre esta disposición

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O recurso de casación que a Real Academia Galega presentara ante o Tribunal Supremo a solicitar a anulación total do Decreto para o Plurilingüismo no Ensino foi desestimado. Deste xeito, o alto tribunal avalía a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que unicamente suspendera os artigos do texto referidos á consulta vinculante aos pais e á elección libre de lingua polos alumnos.

O Supremo coincide tamén co TSXG ao sinalar que medidas como "a paridade horaria que o decreto establece ou a distribución de materias que contén non poden cualificarse como arbitrarias, ilóxicas ou contrarias ao Estatuto de Autonomía ou á lei Galega de Normalización Lingüística". Na súa resolución, nega tamén o carácter consultivo da Real Academia Galega e non considera que o texto recorrido supoña unha vulneración da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias de 1992.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Tribunal Supremo, Ensino, Estatuto de Autonomía...