O Tribunal Superior de Xustiza invalida a oficialidade do galego que decretara o Concello de Narón

Paso atrás en Narón

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A oficialidade do galego que decretara en 2001 o Concello de Narón queda parcialmente revocada pola decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que atendeu a un recurso que interpuxera a Delegación do Goberno. En concreto a sentenza impugna os apartados referentes á obrigatoriedade de que as empresas que traballan para o concello o fagan en galego. O tribunal considera que “non se pode converter en obriga o que é un dereito dos cidadáns”. O pasado mes de novembro, o Concello de Pontevedra aprobou unha ordenanza de oficialidade que contén medidas no mesmo sentido.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Narón, Vieiros, Concello de Pontevedra, Lingua galega