O TSXG anula parte da ordenanza sobre o galego en Lugo

O fallo do tribunal recoñece o dereito a empregar o castelán en certos ámbitos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Ordenanza de Uso do Galego na Administración Municipal de Lugo, aprobada en 2012 por unanimidade de todos os grupos municipais non cumpre a legalidade. Así o establece a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que acaba de se facer pública. A mesma anula boa parte do primeiro artigo, onde se establece que o galego é lingua oficial da administración local, sen mencionar en ningún momento o castelán. Tamén se invalida o artigo que establece o emprego preferente do galego por parte dos traballadores da administración e dos cargos electos, e mais o requerimento do emprego da nosa lingua aos proveedores do concello. Do mesmo xeito, o Tribunal considera que os carteis informativos do concello deben estar tamén en castelán. O concello sinalou que recorrerá esta sentenza, que responde a un recurso da organización Galicia Bilingüe.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, TSXG, Galicia Bilingüe, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares