O concello asturiano de Vegadeo declara oficial o galego

Recoñece o dereito da poboación a empregalo nas mesmas condicións que o castelán

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Por vez primeira, un concello asturiano da comarca de Navia declarou o galego lingua oficial no seu territorio. Vegadeo, coñecido como A Veiga na nosa lingua, aprobaba a semana pasada unha ordenanza que recoñece a variante asturiana do galego como lingua propia do concello, da administración local e das corporacións públicas que dela dependen. Ademais, recoñece o dereito dos cidadáns a empregar a nosa lingua na súa relación coa administración e a ser atendidos na mesma en igualdade de condicións con aqueles que utilizan o castelán.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Lingua galega

Claves