A lingua dá estes dÃas moitas voltas. Por unha banda, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou ilegal a ordenanza de normalización que establecÃa o galego como única lingua oficial no Concello da Pontes. A Sala considerou que este regulamento vulneraba o Estatuto e a Constitución. Por outra banda, e segundo recolle o Portal Galego da LÃngua, a Dirección Xeral de Interior da Xunta recoñeceulle ao Movimento Defesa da LÃngua (MDL) o dereito a empregar documentación en norma reintegrada na súa relación coa administración, o que supón un fito na situación legal desta opción normativa. Para acabar, a secretaria xeral de PolÃtica LingüÃstica, Marisol López, asinaba onte un convenio co seu homólogo da Generalitat de Catalunya para colaborar en materia de normalización. Ademais de intercambiar experiencias neste campo, o acordo contempla que se poidan impartir clases de galego en centros de ensino cataláns.
Máis información sobre a sentencia das Pontes en La voz de Galicia e en La Opinión; sobre a resolución do MDL no Portal Galego da LÃngua; sobre o convenio de PolÃtica LingüÃstica en Galicia Hoxe e en La Opinión