Os gobernos de Galicia e Castela León reforzarán o ensino do galego no Bierzo

Galego de Castela

31/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O galego refórzase no Bierzo. Isto é así grazas a un convenio que asinaron onte a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, o seu homólogo na Junta de Castela León, Javier Álvarez, e a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, que establece o protocolo a seguir para os alumnos no universitarios do Bierzo que desexen ter coñecemento en lingua e cultura galega. A Xunta formará o profesorado e cederá o material curricular mentres que a Junta concederá a autorización correspondente. O convenio chega un día despois de que as responsables de política lingüística e educación presentaran a escolarización monolingüe en galego para oitocentos escolares de infantil. Un anuncio que a Mesa pola Normalización Lingüística cualificou de “maquillaxe” e “autobombo” ao tempo que denunciaba que só o 2,28 % dos centros de infantil das sete cidades pasarán a impartir algunha aula en galego.

Máis información sobre o convenio no web da Xunta, no xornal La Opinión e sobre a resposta da Mesa ao anuncio do ensino monolingüe no seu web

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castela, Bierzo, Ensino, León...