Ata este 3 de xuño a Coruña era a única cidade galega que non contaba cunha ordenanza de uso de galego, un instrumento legal previsto na Lei do uso do galego como lingua oficial das entidades locais de 1988. Nesta data o pleno do Concello aprobou este regulamento que permitirá "unificar os criterios para usar o galego, normalizalo e promocionalo. Ademais, contribuirá a rematar coas discrepancias lingüÃsticas no rueiro e fixará a lingua propia da Administración tanto para os trámites como para a comunicación", segundo explica o Concello.
A redacción final incorporou 20 das 51 alegacións que se presentaron ao proxecto de texto. Entre as modificacións que se recolleron, inclúense as do grupo municipal da Marea Atlántica para que se cree un Consello Local de Lingua que deberá impulsar "as melloras precisas no ámbito da normalización". Tamén se recolleu a proposta de elevar o orzamento dedicado á normalización do 0,05% a un 0,1% das contas municipais e que os plans de acción sobre a lingua teñan unha duración de cinco anos, de xeito que queden desvinculados das mudanzas de gobernos municipais.
O texto foi aprobado cos votos dos diferentes grupos municipais agás o do PP, que esgrimiu que a ordenanza non tivo en conta a sentenza do Tribunal Supremo que obrigou a mudar unha orde similar do Concello de Lugo. Ademais apuntou que os servizos xurÃdicos municipais puxeron reparos á redacción de determinados apartados.