Para falar ao Dereito

A USC presenta o vocabulario Termos esenciais de dereito civil

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Para falar ao Dereito

Dote, dación en pago, tutela administrativa ou usufruto. A Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar Termos esenciais de dereito civil, un vocabulario que permitirá empregar con corrección a nosa lingua neste ámbito. En total son 1.270 conceptos que se presentan en galego e en castelán e que se suman aos vocabularios xa publicados de dereito constitucional, penal e internacional.

O volume achega a peculiaridade de que, ao haber un Dereito Civil propio de Galicia recóllense termos como a serventía ou a gabia que foron adoptados polos castelán. O vocabulario está dispoñible en pdf no web da USC e mediante o bUSCatermos, base de datos terminolóxica da universidade.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Universidade de Santiago de Compostela