A Facultade de Dereito de Santiago quere chegar a un 30 por cento de clases en galego

A Xunta de Facultade aprobou un plan para favorecer a nosa lingua no centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Chegar a un 30% de horas de clase impartidas na nosa lingua nun prazo de tres cursos académicos. Este é o obxectivo da campaña Témoslle LEI que se presentou na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago logo de ser aprobada pola Xunta de Goberno do centro. O proxecto prevé un total de 42 medidas que inclúen accións de formación, incentivos ou apoio á tradución de materiais didácticos entre outras propostas. Durante o curso 2008-2009 o emprego da nosa lingua nas clases de Dereito só chegaba ao 8,67% do total das horas impartidas.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución

Claves

Conceptos