Dúas xornadas analizarán o galego na xustiza e na tradución

A Coruña e Santiago acollen os encontros entre os días 27 e 30 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Compostela acolle o vindeiro 27 de novembro a VI Xornada Xustiza e Lingua, organizada polo Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago. O emprego do galego na xustiza ou o plan para incrementar a presenza da nosa lingua na facultade de Dereito son algúns dos temas que se abordarán. Para o día 28, a Universidade da Coruña abre as súas IX Xornadas sobre lingua e usos, que se centra desta volta na tradución. A internacionalización da nosa cultura, as políticas de tradución ou os enfoques feministas e poscoloniais nesta tarefa protagonizarán algúns do relatorios. O encontro prolongarase ata o vindeiro día 30.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Universidade da Coruña, Lingua galega, Santiago de Compostela