Dúas xornadas abordan o galego na xustiza e no teatro

A Coruña acolle as X Xornadas de lingua e usos e en Compostela celébrase a xornada Xustiza e Lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Desde hoxe e ata o vindeiro día 29 a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña acolle as X Xornadas de lingua e usos, que se centran nesta xeira na cuestión Lingua e teatro. Cándido Pazó, Laura Tato, Rubén Ruibal, Ana Romaní ou Santi Cortegoso participan nun encontro no que se analizarán cuestións como a relación da escena coa normalización, a formación lingüística dos intérpretes ou as experiencias coa lusofonía.

En paralelo, o Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago organiza a VII xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización, que se celebra mañá na sede esta entidade. As posibilidades de uso do galego na Administración xeral do Estado, a comunicación en galego na xustiza ou a nosa lingua no contexto da mediación son algúns dos ámbitos que se tratarán.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cándido Pazó, Ana Romaní, Rubén Ruibal...