A lingua e a xustiza social centran o VIII Curso de Verán de Dinamización Lingüística

Carballo acolle o evento, que quere vencellar a defensa da lingua coas causas sociais

8/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
25 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe do VIII Curso de Dinamización Lingüística

¿Pódese ser ecoloxista ou feminista sen defender o galego? ¿A sustentabilidade lingüística é cuestión de xustiza social? Estas son algunhas das cuestións que se van tratar no VIII Curso de Verán de Dinamización Lingüística que organiza a Universidade da Coruña, a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística e o Concello de Carballo co lema Xustiza social e dinamización lingüística.
Esta última localidade acolle entre 18 e o 20 de xullo o evento, que quere analizar a presenza do galego nos movementos sociais e o xeito de afortarlar a idea de normalización lingüística como unha causa para reivindicar a xustiza social. A matrícula para o curso está aberta ata o vindeiro 12 de xullo.

Universo culturagalega.gal