Moita xente ignora os seus dereitos lingüÃsticos e non hai consciencia de que son as administracións as responsables de os facer cumprir. Estes son algúns dos apuntamentos que se extraen do documento co que se pretenden elaborar as conclusións do recente Curso de Dinamización LingüÃstica (Re)pensando o discurso que se celebrou en Carballo o pasado mes de xullo. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua publicaba onte este texto no que se apunta ademais a necesidade de conseguir un discurso coherente entre colectivos e institucións que traballan a prol da lingua asà como adaptar o mesmo aos diferentes grupos sociais do noso paÃs. As mensaxes positivas, o recoñecemento das posibilidades do galego na LusofonÃa ou a idea da lingua como un patrimonio común que traspasa o ámbito puramente comunicativo son outras das cuestións que se apuntan no documento.
Apuntamentos para as conclusións do curso de verán (Re)pensando o discurso.