Sopran tempos de cambio para as dinámicas de normalización do galego. Para alén das mudanzas lexislativas e dos plans que neste campo se desenvolven desde a Administración, ao longo do último ano multiplícanse voces que apostan por abordar de novos xeitos o traballo desde a base a prol da nosa lingua. O "VII Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua" que se celebra na Coruña, aborda esta cuestión co lema (Re)pensando o discurso.
Sopran tempos de cambio para as políticas de normalización do galego. Para alén das mudanzas lexislativas e dos plans que neste campo se desenvolven desde a Administración, ao longo do último ano multiplícanse voces que apostan por abordar de novos xeitos o traballo desde a base a prol da nosa lingua. O "VII Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua" que se está a impartir na Coruña, aborda esta cuestión co lema (Re)pensando o discurso
O pasado mes de novembro de 2010, o Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos publicaba o informe Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica . O texto, asinado por Henrique Monteagudo e Antón Reixa, xerou unha ampla polémica ao chamar por unha mudanza no discurso e nas prácticas da normalización da nosa lingua e atacar algúns conceptos e enfoques amplamente inseridos neste campo. Propostas como a idea dun "bilingüismo restituvivo e regaleguizador", sinalar que cómpre que toda a poboación teña un nivel axeitado tanto de galego como de castelán ou a introdución do portugués no ensino eran algunhas das cuestións que se abordaban. O pasado mes de abril, no marco dos que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega, Carlos Neira, realizaba unha intervención que seguía unha liña semellante. De xeito resumido, e a partir dos datos sobre actitudes en col do galego, este investigador sinalaba a necesidade de separar o traballo a prol da lingua da súa identificación con perspectivas identitarias. As posicións vencelladas a perspectivas identitarias son inamobibles, non van mudar nin a sumar novos individuos, e a maior parte da poboación non está aí. Ese é o campo no que se debería actuar, hai que tentar novos escenarios, explicaba. Apostas por traballar as actitudes individuais e microentornos, apostar por lugares de ocio e vencellados á mocidade como escenarios preferentes de traballo normalizador e pensar en campañas suaves que consigan atraer unha masa social en grande medida favorable ao galego pero non practicante foron algunhas das súas propostas.
Un punto de reflexión
Agora, o VII Curso de Verán sobre dinamización lingüística que organiza a Universidade da Coruña e a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL) toma como eixe a idea de (Re)pensar o discurso neste campo. Segundo explica Nel Vidal, presidente desta última entidade, a necesidade desta reflexión responde aos tempos que corren para o galego e á necesidade conseguir unha maior penetración da nosa lingua na sociedade.
Segundo explica o discurso semella que xa está a mudar. Cómpre reforzalo e reenfocalo. Na actualidade non se pode dicir que exista un discurso identificable a prol da normalización, senón que hai varios, e non estamos a lograr a necesaria empatía da sociedade.
A multiplicidade
Precisamente, a analizar esa multiplicidade de posicionamentos pola lingua, Iván Suárez realiza no marco deste curso unha intervención co título Impoñemos galego ou queremos galego? Breve panorámica verbo dos marcos e discursos (erróneos?) sobre a lingua galega. Segundo explica,
o discurso que temos é bastante disperso. Aínda que existen focos como a Mesa pola Normalización, e traballo de institucións e concellos implicados coa lingua, non somos quen de artellar unha única proposta. Están debates como o do reintegracionismo, propostas sobre bilingüismo restitutivo, ou ideas de monolingüismo ou hexemonía social do galego, e somos moi pouco para termos tantos puntos de vista. Nese sentido, considera que esta falta de unidade de acción á hora de crear uns obxectivos e crer neles é un problema grave. Agora mesmo moitos dos que traballamos isto non sabemos ben onde imos. Normalización é un concepto bastante vago e moita xente interprétao de diferentes xeitos, ben como emprego normal, outros como uso continuo ou outros aínda como contar cunha maioría de falantes de galego, e iso dificulta saber cara a onde deberíamos camiñar.
O contradiscurso
Como contraposición á situación dos discursos sobre o galego, Vidal salienta a existencia, sen precedentes na historia recente do país, dun discurso contraposto que denuncia unha suposta imposición da nosa lingua. Na práctica, agora mesmo hai un discurso identificable contra o proceso de normalización que conseguiu, nos últimos cinco ou seis anos, chegar á cidadanía cando antes non o fixera, explica. Este discurso foi elaborado de xeito totalmente planificado, e un exemplo disto é o xeito no que Galicia Bilingüe naceu a partir do colectivo Tan gallego como el gallego. Tendo as mesmas propostas, pasou de reivindicar os dereitos do castelán a un discurso no que reivindicaba formalmente o bilingüismo, e con iso conseguiron unha maior empatía cidadá. Do mesmo xeito, Suárez salienta que desde estas posturas amósase un bando que está bastante máis cohesionado do que nós. A xente que non fai ningunha reflexión sobre lingua ten claros os seus conceptos, son só catro ou cinco cousas, mentres nós discutimos sobre cuestións máis fondas que realmente non son necesarias para atraer á xente.
Reacción e acción
Desde a CTNL salientan que a necesidade de mudar o discurso normalizador agora a debate non se produce como unha reacción. Esta aposta non está motivada polos ataques ao galego. O que acontece é que nós non demos conseguido esa unidade no discurso e con iso favoreceuse a aparición de discursos contra o galego, sinala Vidal. Coincide con el Suárez que apunta que desde que se instaurou a democracia e se levou a lingua ás institucións, o enfoque que se desenvolveu sobre a normalización, lonxe de conseguir atraer a moita xente, mesmo chegou a dar en que aparecesen novos prexuízos. Encol das polémicas máis recentes, sinala que quizais o problema estes anos é que estivemos á defensiva contra a situación que se estaba producir e tamén entre nós mesmos, explica. En certo xeito reaccionamos á idea da imposición do galego falando da necesidade de compromiso. Nos últimos tempos moitas veces transmitimos algo como que fixo Nixo non Watergate cando apareceu antes as cámaras para dicir que non era un ladrón e todo o mundo pensou por iso que sio era. Cómpre ver outras vías. A concluír, o presidente dos traballadores da normalización sinala que o noso reenfoque non pode estar motivado por iso, debe ser pensado a moito máis longo prazo e non ser só unha cuestión circunstancial.
Redefinición a longo prazo
A afondar na idea dunha reflexión de longo alcance, Vidal salienta que cómpre asentar claramente os valores da normalización, os lemas ou as prácticas puntuais poden verse superados con relativa facilidade. Como posibles mudanzas no xeito en que se enfoca a normalización no noso país, o presidente da CTNL apunta que unha claves para mellorar o noso discurso é conseguir unificalo ou, cando menos, amosar uns referentes e valores comúns, que se expoñan positivamente e convenzan os cidadáns. A isto engade cuestións máis concretas como que ata o de agora apoiámonos moito en argumentar os dereitos sobre a lingua e en cuestións lexislativas, pero en realidade a xente non defende iso, senón que se implica en defender valores que consideran xustos. Fáltanos enfocar máis o discurso cara aí, á idea de que o noso traballo é prol da xustiza social, da igualdade e da liberdade, que son conceptos que están na normalización e que nos foron roubando. Nese sentido, lembra que non pode haber liberdade se non se garante un dominio suficiente do galego, se existe unha situación de privilexios para unha lingua ou se se mantén a coacción e a ignorancia.
Unidade
A concretar máis as propostas de cara á redefinición do discurso, Suárez propón sentarnos á mesa diferentes sectores, atopar untos e común e a partir de aí traballar nesa dirección. Son máis as cousas que nos unen que as que nos separan, e debemos ver onde queremos chegar. Cómpre revisar os erros que se cometeron e o que fixemos ben. As múltiples asociacións culturais, plataformas de defensa da lingua e outras entidades comprometidas coa normalización deben ser, ao seu ver, os axentes que participen neste debate. Por suposto debemos debater a fondo e podemos ter diferentes visións, pero non se pode centrar o discurso niso, conclúe.
Entusiasmo
Dentro do colectivo que traballa a prol da lingua, este proceso debe servir, segundo sinala Vidal, para mudar tamén actitudes. Se cadra faltan perspectivas máis positivas nos sectores que se moven pola normalización. Ás veces danse actitudes e discursos negativos que fan máis difícil conseguir empatía entre os cidáns. Do mesmo xeito, Suárez salienta a necesidade de conseguir un maior entusiasmo na xente que se involucra coa lingua. Cómpre acreditar que facemos un labor importante. Se non conseguimos transmitir esa confianza e ese entusiasmo, o noso labor é complicado. Hai que tirar a idea de que o traballo a prol da lingua é difícil e que o galego está nunha situación complicada, que o está, pero debemos centrarnos en transmitir unha serie de valores máis vencellados ao compromiso, explica, nunha liña semellante á que sinala Goretti Sanmartín no seu libro Nos camiños do entusiasmo.
Nestes días, no Pazo da Cultura de Carballo, continúa o debate no marco do Curso sobre Dinamización. Pilar García Negro, Celso Álvarez Cáccamo ou J. M. Sánchez Carrión, entre outros, abordarán diferentes aspectos deste tema. Ademais, ao longo das xornadas diferentes grupos de traballo analizarán as posibilidade de construción e reconstrución destes discursos desde perspectivas como a identidade, a necesidade de fomentar o galego ou a defensa dos dereitos lingüísticos. Poida que estes días se lembren no futuro como o comezo dun novo xeito de normalizar.