O III Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) converterá a próxima semana a cidade da Coruña no epicentro da reflexión sobre a diversidade e a inclusión no audiovisual. O encontro celebrarase do 5 ao 7 de novembro no Espacio Avenida e nos Cantones Cines, e reunirá durante tres días a creadoras, profesionais e especialistas galegos e estatais para abordar os desafíos e oportunidades dun audiovisual máis plural. O Foro da Industria Galega do Audiovisual  FIGA é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, realizada grazas ao apoio do Concello da Coruña e da área de Cultura da Deputación da Coruña, e conta nesta edición coa colaboración de ABANCA.
A programación desta edición, comisariada pola xestora cultural Salima Jirari, especialista en diversidade, igualdade e inclusión, combina proxeccións, charlas e mesas redondas que percorren diferentes dimensións da representación e da pluralidade no audiovisual contemporáneo. O foro abrirase cun estudo de caso do Festival Norte Cinema Diverso, da man de Fito Ferreiro e Alfonso Hermida, e continuará coa proxección dunha selección de curtametraxes do certame An avocado pit, de Ary Zara; O coidado, de Miguel Canalejo; e Ese lugar partido, de Pablo Santidrián e Inés Pintor, presentadas polos seus autores. A inauguración culminará coa performance 'Flúor significa escuridade', da creadora e performer Nuria Vil, unha peza que combina poesía, corpo e música electrónica e que explora as emocións colectivas desde unha linguaxe poética e visual. Proxeccións, encontros e mesas redondas conformarán o programa dos seguintes días, que pechará coa proxección de La Furia, filme protagonizado por Ángela Cervantes e Àlex Monner, un drama sobre o trauma e a creación escénica, acompañado dun coloquio coa produtora Mireia Graell, moderado pola escritora Andrea Nunes.