O audiovisual aborda os desafíos da IA

A Academia celebra entre os días 9 e 11 o Iº Foro da Industria Galega do Audiovisual tratando este tema

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O audiovisual aborda os desafíos da IA

A Academia Galega do Audiovisual xa ten todo preparado para estrear este xoves a primeira edición do Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), no que durante tres días xuntarase ao sector audiovisual, produtores, exhibidores, intérpretes, técnicos, guionistas, asociacións e unha longa lista arredor de mesas, encontros e ponencias. Neste caso a primeira edición céntrase en abordar "os desafíos e oportunidades que presenta a irrupción da Intelixencia Artificial no sector audiovisual". O tema será tratado contando coa participación de máis de 20 especialistas en IA e experimentados profesionais da industria audiovisual, facendo 12 conferencias e encontros sobre o impacto da IA no sector audiovisual: dende o guión á produción pasando pola interpretación, a composición de bandas sonoras ou as cuestións éticas e legais derivadas do emprego da IA. A cidade das TIC , na Coruña, acolle este foro entre os días 9 e 11 deste mes de novembro. O programa está dispoñible na web da Academia.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Intelixencia Artificial, Guión, Asociacións...