(Re)pensando o discurso é o lema do VII Curso sobre Dinamización LingüÃstica Traballando en lingua que organiza a Universidade da Coruña, canda á Coordinadora de Traballadores de Normalización e mais o Concello de Carballo. O encontro, que se celebrará nesta última localidade entre o 20 e o 22 de xullo, centra o seu programa nas mudanzas no campo da normalización e da dinamización do idioma. Os argumentos a prol da diversidade lingüÃstica, os diferentes discursos sobre o galego, posibles propostas integradoras a prol da lingua ou o seguimento de experiencias en marcha son algúns dos puntos que se tratarán no programa. A matrÃcula está aberta a partir do vindeiro 1 de xuño no web do encontro.
Programa do VII Curso sobre Dinamización LingüÃstica.