Queremos Galego promove unha iniciativa lexislativa a prol do galego

A proposta quere regular o emprego do galego nas administracións e no ensino

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Unha iniciativa lexislativa popular para garantir os dereitos lingüísticos dos cidadáns. Esta é a proposta que achegaba esta mañá a plataforma Queremos Galego ao Parlamento de Galicia. No prazo dun mes comezará a recollida de sinaturas a prol desta proposta. De se reunir 15.000 compromisos neste sentido, a cámara deberá debatir se aproba a iniciativa. Entre outras medidas, o texto insta ao executivo a cumprir o mandato de promoción do galego recollido na Lei de Normalización, o Plan Xeral de Normalización e mais a Carta Europea das Linguas. Entre outros puntos, o texto trata cuestións como a lingua das administracións públicas, a capacitación do persoal das mesmas, o galego no sistema educativo ou medidas de promoción en colectivos coma o profesorado ou a administración de xustiza.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Parlamento de Galicia, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares