O Parlamento rexeita a iniciativa lexislativa de Queremos Galego

A cámara negou, cos votos do PP, tomar en consideración o texto presentado polo BNG

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os votos do Partido Popular negaron onte a posibilidade de que o Parlamento tramite o texto que elaborara a plataforma Queremos Galego propondo unha maior protección para a nosa lingua. A proposición chegara á camara da man do grupo parlamentario do BNG, logo de que a cámara negase a posibilidade de que se tramitase directamente como Iniciativa Lexislativa Popular. A proposta contou co apoio deste partido e mais do PSdeG, que anunciara, no entanto, a súa intención de presentar emendas ao texto. Pola súa banda, o voceiro da plataforma, Carlos Callón, lamentou esta "oportunidade perdida" e chamou á sociedade a continuar a defensa da nosa lingua.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Carlos Callón, PsdeG, Partido Popular

Claves

Protagonistas