O Parlamento non tramitará a Iniciativa Lexislativa de Queremos Galego

A Mesa da cámara considera que afectaría a materias de desenvolvemento estatutario

9/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
18 lecturas | Compartido 0 veces

A Mesa do Parlamento non admitiu a trámite a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que rexistrou a plataforma Queremos Galego reclamando medidas de defensa da nosa lingua. Segundo este organismo, máximo órgano da cámara, a proposta da plataforma afecta directamente a "materias de desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía", que segundo a lei non poden ser obxecto deste tipo de iniciativas. A Mesa fundamenta esta medida nunha ILP que presentara o partido Unión Coruñesa para reclamar a legalidade do topónimo castelán da Coruña e que fora rexeitada polo mesmo motivo. A plataforma Queremos Galego convocou para esta tarde unha rolda de prensa na que dará a coñecer a súa posición sobre o tema.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estatuto de Autonomía

Claves