Un novo manifesto a prol da lingua suma adhesións na rede

A Mesa convoca unha xuntanza para crear unha plataforma plural a prol do galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Continúan as iniciativas sociais de apoio á nosa lingua. O manifesto Galego. Patrimonio da Humanidade reclámalle ao goberno da Xunta que volte ao consenso nas medidas lingüísticas e que desenvolva medidas de protección para garantir a igualdade co castelán. Pola súa banda, a Mesa pola Normalización convocou unha xuntanza na galería Sargadelos para o vindeiro 7 de xullo ás 17 horas. O encontro pretende ser a base para constituir unha plataforma social en defensa do noso idioma. Entre outras medidas, a Mesa adianta a posibilidade de promover unha iniciativa lexislativa popular que garanta o dereito a vivir en galego.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Igualdade, Galería, Patrimonio da Humanidade...