Queremos Galego chama a se mobilizar pola lingua

Compostela acolle este 17 de maio unha manifestación que reclama medidas a prol do galego

14/5/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Co lema "En galego día a día" a plataforma Queremos Galego chama a participar na manifestación que organiza este dezasete de maio en Compostela. O colectivo convoca a cidadanía para as 12 horas na alameda da capital galega nunha mobilización que lle reclama ao goberno que desenvolva medidas a prol da nosa lingua. Segundo indicou o voceiro da Plataforma, Marcos Maceira, "en Galiza é o propio goberno galego, co presidente Feixó á cabeza, quen actúa como un vulgar delegado do goberno español, renegando das funcións que lle dá o estatuto de autonomía e da alta representación de Galiza que debería exercer”. Como consecuencia, sinalou, “o galego é o único idioma oficial do Estado que diminúe en falantes e carece de apoio do seu propio goberno”.

A manifestación ten previsto rematar na Praza da Quintana, onde a comunicadora e actriz Nieves Rodríguez, conducirá un acto final no que actuarán Franki e os labregos da linguaxe co rap Rapea, que a lingua non para, manifesto gañador do Correlingua 2018.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estatuto de Autonomía, Goberno Galego, Manifesto, Correlingua...