Queremos Galego reivindica a Rosalía para a súa manifestación

Celebrarase o 17 de maio en Compostela a reivindicar o cumprimento da lexislación sobre lingua

29/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
24 lecturas | Compartido 0 veces

Os 150 anos de Cantares Gallegos estarán presentes na manifestación que a plataforma Queremos Galego convocou para o vindeiro 17 de maio en Compostela. Co lema "Non queremos ser estranxeiros na propia patria", versionando unha cita de rosalía, a plataforma reivindicará o cumprimento da lexislación sobre a nosa lingua. Segundo sinalou Carlos Callón, voceiro da iniciativa, "por desgraza as reivindicacións que facemos este ano son as mesmas de anos anteriores", e sinalou a situación dramática que está a vivir a nosa lingua. "A listaxe de pasos atrás é moi preocupante" apuntou, a denunciar as accións do actual goberno da Xunta en materia lingüística. A manifestación comezará ás 12 horas na Alameda e transcorrerá ata a Praza da Quintana.

Asimesmo, Callón apuntou que están solicitados os permisos para a manifestación e que agarda que este ano "a diferenza dos anteriores" o Concello "non poña atrancos" para que se celebra.

Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Callón, Cantares Gallegos, Praza da Quintana

Claves

Protagonistas
Conceptos