Queremos Galego chama a se manifestar pola lingua o 17 de Maio

"O idioma é a vida" será o lema da mobilización

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A plataforma Queremos Galego presentaba esta mañá a súa convocatoria para unha grande manifestación a prol da lingua que se celebrará en Compostela o vindeiro 17 de maio. Co lema "O idioma é a vida", tirado do poema A fala de Manuel María, o colectivo chama a participar a toda a sociedade civil nunha mobilización que reclama mudanzas lexislativas e medidas efectivas que favorezan o galego. Segundo explicou Marcos Maceira, voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüísitica, "a voz e a palabra de Manuel María estará presente no acto final da manifestación que se celebrará na Praza da Quintana onde tamén contaremos coa actuación de Mini e Mero ou de Fran Amil e A Tribo Incompresíbel". Ademais conmemorarase o centenario das Irmandades da Fala, que se celebra este ano.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Irmandades da Fala, Praza da Quintana, Lingua galega...