O lema tras do que este ano percorreran Compostela en manifestación os integrantes e simpatizantes da plataforma Queremos Galego o 17 de maio, será En galego sen lÃmites. A plataforma cidadá, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou onte a convocatoria da súa manifestación para o DÃa das Letras galegas que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saÃndo ás 12h da Alameda. Co lema "en galego sen lÃmites" Queremos Galego pretende pór en evidencia os obstáculos para vivir en galego e a necesidade de superalos colectivamente. O anuncio foi realizado polo e presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica e voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, acompañado de membros da Xestora da plataforma cidadá, que sinalaron que ao longo dos próximos dÃas e até a data da convocatoria desenvolverase diversos actos nas comarcas galegas para informaren da convocatoria. O colectivo pretende pór en evidencia os innumerábeis obstáculos para vivirmos en galego con normalidade, e a exclusión sistemática do idioma da maiorÃa dos espazos. Para o portavoz da plataforma, "esta exclusión mostra o Apartheid lingüÃstico legalizado no que aÃnda vive o pobo galego". Para o Marcos Maceira, "a sociedade galega é cada vez máis consciente de que a exclusión da súa lingua é a negación do seu dereito a existir con dignidade" o que segundo el provocara unha reacción social a favor do galego cada vez máis ampla e máis estendida que se visualizará este 17 de maio.