Queremos Galego chama a se mobilizar pola lingua

Convoca para o 8 de febreiro unha manifestación ante os últimos datos sobre o galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os datos sobre o emprego da nosa lingua que publicou recentemente o Instituto Galego de Estatística están detrás da nova convocatoria de Queremos Galego. A plataforma en defensa do idioma convocaba esta mañá a unha grande mobilización o vindeiro 8 de febreiro en Compostela para protestar contra o que consideran "o quinquenio negro para a lingua galega" e do que responsabilizan o actual goberno da Xunta. Segundo denuncia este colectivo, "a política da actual Xunta de Galiza con respecto á lingua galega agravou máis esta situación ao incidir nos prexuízos que xa sofría o galego e ao iniciar uns retrocesos sen precedentes na etapa democrática".

De xeito previo á manifestación, as máis de 600 entidades que participan en Queremos Galego desenvolverán diferentes actividades informativas e de dinamización a nivel local. O lema da mobiliación seleccionarase entre as propostas que lle envíe a xente á plataforma.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Instituto Galego de Estatística, Santiago de Compostela