Trinta mil sinaturas apoian unha lei a prol do galego

Malia a este apoio, a Cámara non admite a trámite unha Iniciativa Lexislativa Popular

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Representantes da plataforma Queremos Galego presentaban onte no rexistro do Parlamento de Galicia 30.000 sinaturas que solicitan que a cámara debata unha Iniciativa de Lei pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos. Segundo asegurou Carlos Callón, voceiro da entidade, esta é só unha primeira remesa de sinaturas, aínda que xa duplican o mínimo esixido para unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). No entanto, as sinaturas recollidas non implican que se vaia debater o texto proposto como unha ILP.

A Mesa do Parlamento negara o pasado mes de marzo a posibilidade de tramitar este tipo de Iniciativa. Segundo esta entidade, o proxecto afectaba a materias de desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía, que non poden ser obxecto de propostas deste tipo. A proposta de Queremos Galego, no entanto, chegará á cámara como unha inciativa do Bloque Nacionalista Galego, á que o PSdeG xa anunciou o seu apoio.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Callón, Parlamento de Galicia, Estatuto de Autonomía, Bloque Nacionalista Galego...