O Parlamento rexeita corrixir a letra do himno

PSdeG e PP votaron en contra da Iniciativa Lexislativa Popular que reclamaba restaurar o texto orixinal de Pondal

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Pleno do Parlamento de Galicia. Fonte: Parlamento de Galicia.

Pleno do Parlamento de Galicia. Fonte: Parlamento de Galicia.

O Pleno do Parlamento de Galicia decidía na mañá deste 26 de setembro sobre a Iniciativa Lexislativa Popular para restaurar o texto orixinal de Eduardo Pondal que musicou Pascual Veiga para facer o himno galego. Os votos en contra dos grupos parlamentarios do PSdeG e do PP impediron a aprobación desta proposta, que chegou á cámara co apoio de preto de 16.000 sinaturas e o aval de diferentes profesionais da investigación que sinalaban a necesidade de corrixir unha serie de erros que se perpetuaron na letra oficial do tema.

O PSdeG aduciu a necesidade de que a modificación se faga mediante unha lei específica e chamou a artellar cunha comisión de especialistas sobre o tema para garantir o debate e a participación no proceso de corrección. De xeito similar, o PPdeG apuntou a necesidade de contar cunha comisión específica que aborde esta proceso e reclamou a necesidade de que mudanzas como esta se realicen co consenso de toda a cámara. Os voceiros dos dous grupos coincidiron en que o texto actual pode conter erratas e pediron que o seu voto contrario non se interprete como unha negativa á rectificación.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PsdeG, Pascual Veiga, Eduardo Pondal, Eduardo Pondal...