Unha representación das plataformas VÃa Galega e Galiza Cultura rexistraban este 9 de maio no Parlamento de Galicia unha iniciativa lexislativa popular "para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión". Esta proposta, que foi obxecto dunha intensa campaña nos últimos meses, chama a recuperar o texto Ãntegro de Pondal e a eliminar diferentes erros no mesmo que se foron perpetuando no tempo e que fan parte da versión oficial da letra.
Deste xeito, e a seguir as investigacións de Manuel Ferreiro, o texto presentado denuncia "problemas de presentación formal e de puntuación, de forma que no texto oficial mesmo desapareceu a indicación de que o texto é un diálogo". Canda a isto, sinala a "presenza de formas idiomáticas alleas ao poema orixinal pondaliano, nomeadamente castelanismos e hiperenxebrismos" como o uso de "ronco" no canto de "rouco", e de "iñorantes" na vez de "ignorantes".
Tamén se apunta a "aparición de formas idiomáticas falsas, inexistentes no poema de Pondal e na lingua galega", como é o caso dun "féridos" que deberÃa ser "férridos". De xeito particular, as investigacións de Ferreiro verifican tamén a substitución da palabra "clan" por "chan", no verso "e valeroso clan", no que a ILP considera "un proceso de banalización textual".
A proposta obtivo 5.000 sinaturas máis das necesarias para ser admitida a trámite a falta de dúas semanas para rematar o prazo de recollida de apoios. Ademais, diferentes deputacións e concellos, mediante declaracións institucionais ou aprobación de mocións amosaron o seu apoio a esta iniciativa, que tamén contou co respaldo de entidades e asociacións de diferentes ámbitos. Queda pendente agora o debate no parlamento para levar á lei de SÃmbolos de Galiza a letra corrixida do himno.