O PP rexeita no Parlamento a ILP para difundir a obra de Castelao

A iniciativa lexislativa solicitaba favorecer a visibilización deste traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Iniciativa Lexislativa Popular que lle reclamaba á Xunta accións para unha maior visibilización e acceso á obra de Castelao, non será tramitada. O Grupo Parlamentario Popular rexeitaba esta mañá a proposta, a denunciar que a exposición de motivos do texto acusa a Xunta de desleixo e inacción na promoción da obra do rianxeiro. A proposta de lei que defendeu Pilar García Negro e que chegaba avalada por 11.000 sinaturas, contou co apoio de todos os grupos da oposición. Entre outras medidas, reclamaba a dixitalización deste material e a creación dun espazo museístico que facilitase o acceso da cidadanía ao legado de Castelao.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Pilar García Negro

Claves