Unha Iniciativa Lexislativa Popular reclama a visibilización de Castelao

Propón a dixitalización de toda a obra do rianxeiro e a súa publicación en aberto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A federación de asociacións Galiza Cultura, a CIG-Ensino e mais a Mesa pola Normalización presentaban o pasado venres unha Iniciativa Lexislativa Popular coa que reclaman unha maior visibilidade da obra de Castelao. A proposta, co título de Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego reclama a dixitalización e publicación en aberto de toda a obra do rianxeiro, a creación dun museo específico para a sua creación plástica ou a recuperación da obra A derradeira lección do mestre, actualmente en Arxentina.

Ao longo dos vindeiros catro meses desenvolverase o proceso de recollida de sinaturas para levar esta iniciativa ao Parlamento. A proposta irá acompañada de conferencias e de accións divulgativas sobre a figura de Castelao.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Asociacións, CIG, Arxentina...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares