A Mesa promoverá unha Iniciativa Lexislativa Popular para galeguizar o ensino

Ensino en ILP

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Na busca de dar un novo pulo á galeguización no ámbito do ensino e de "recuperar o tempo perdido", a Mesa pola Normalización Lingüística anunciou que durante os vindeiros meses desenvolverá unha iniciativa lexislativa popular. A idea é levar ao Parlamento mediante este método unha proposta de texto legal que garanta o emprego do noso idioma neste ámbito. A asociación xa anunciou que pretende contar con outros colectivos para desenvolver este proxecto.

Máis información en Galicia Hoxe e no web da Mesa

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Normalización Lingüística, Galicia Hoxe, Mesa pola Normalización Lingüística