A Facultade de Ciencias da Educación de Compostela acolle desde hoxe as XI Xornadas de Lingua e Literatura que organizan a Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Mentres, e tamén en Compostela, celébranse os últimos actos das IV Jornadas em Defesa da Língua organizadas polo Movimento em Defesa da Língua (MDL) e nas que se trataron diferentes aspectos da lusofonía. Mentres, Barcelona acolle ó catedrático Xesús Alonso Montero para falar sobre os escritores galegos en Cataluña durante a Guerra Civil.
Xornadas que comezan
Esta mesma tarde inaugúranse na Facultade de Ciencias da Educación de Compostela as XI Xornadas de Lingua e Literatura que organizan a CIG e AS-PG. As xornadas, dedicadas principalmente a profesores destas materias, incluirán vintecinco seminarios que tratarán temas que van desde métodos de ensino ata a situación da literatura galega e o análise de outras literaturas. Así, as seis da tarde de hoxe o autor teatral Roberto Vidal Bolaño impartirá o seminario "O autor fala da súa obra". Simultaneamente realizarase un obradoiro de narrativa a cargo de Marilar Aleixadre, un achegamento á obra de Otero Pedrayo por Manuel María e unha análise do modernismo na literatura anglosaxona. Para mañá está prevista unha conferencia sobre Pessoa e un obradoiros de expresión oral. Ás doce e media Daniel Romero e Isabel Baquero impartirán senllas conferencias sobre Internet en Galicia.
Jornadas que rematan
Logo dunha semana na que se realizaron varias conferencias sobre a situación de países da Lusofonía coma Brasil, Portugal ou Cabo Verde, as IV Jornads em Defesa da Língua rematarán esta fin de semana coa celebración dun convivio no parque da Almáciga en Compostela. Aínda como epílogo está previsto para o día seis de maio un "Roteiro Ecolingüístico" ó Castro de Baroña e as dunas de Corrubedo. O seguemento que está a facer Rádio Kalimero desta xornadas continúa hoxe nun programa especial entre as dúas e media e as tres da tarde. Ademais da conferencias, as Jornadas, organizadas polo Movimento em Defesa da Língua, incluíron un campionato de futbol sala e un concerto na Casa Encantada.
Conferencia en Barcelona
O Catedrático de Literatura Galega pola Universidade de Santiago impartirá o día dous e maio unha conferencia sobre a relación dos escritores galegos con cataluña durante a Guerra Civil. Alonso Montero foi pola área de Filoloxía Galega da Universidade Autónoma de Barcelona co apoio da Xunta e do Concello de Barcelona. A súa conferencia inclúese dentro da programación do ciclo "La guerra civil, Caleidoscopi de literatures", e celebrarase na biblioteca Nou Barris ás sete da tarde.