O Colexio de Avogados de Compostela organiza a V Xornada Xustiza e Lingua

Celébrase esta tarde en Compostela coa intención de impulsar o galego neste ámbito

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A sede do Colexio de Avogados de Santiago acolle a partir das seis desta tarde a V Xornada Xustiza e Lingua. O encontro contará coa presenza de Víctor Vázquez Portomeñe, Paz Filgueira, Alba Nogueira e Xermán García, que abordarán cuestións como o emprego do galego nas institucións, o poder público e a lingua, a avogacía e os dereitos lingüísticos e mais as leis as posibilidades de achegar a linguaxe xurídica en galego á cidadanía. O encontro está organizado polo propio colexio e pretende contribuír á normalización do galego neste ámbito, un dos que máis dificultades presenta no emprego xeralizado da nosa lingua.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos